Encontros entre universidade, avogacía e procura: compartindo experiencias sobre o Mestrado de Habilitación para o Exercicio Profesional
Data de celebración:
16 de abril ás 11:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Facultade de DereitoLugar
Cam. Seara B, 3I
32004 Ourense
España
Tipo de evento
XornadasEntrada:
De balde. Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo salón de graos do edificio Xurídico-Empresarial
A Facultade de Dereito do campus de Ourense celebra os Encontros entre universidade, avogacía e procura: compartindo experiencias sobre o Mestrado de Habilitación para o Exercicio Profesional. A actividade contará coa intervención de María Dolores Fernández Fustes, coordinadora do Mestrado Universitario en Avogacía e Procuradoría deste campus; Lucía Álvarez, presidenta da Agrupación de Avogacía Nova de Ourense; José Saavedra Sobrado, procurador; Sofía Velasco, avogada en exercicio e titular dun despacho profesional aberto; Iván Fernández, alumno do Mestrado Universitario en Avogacía e Procuradoría, e Benjamín Mayo, avogado e coordinador profesional deste mestrado da UVigo. A cita está aberta á asistencia das persoas interesadas, especialmente alumnado e persoas egresadas do Grao de Dereito e de dobres titulacións relacionadas.