I Congreso Internacional de Paratradución, Interlinguas e Transmedia

  • Estudantes
  • Medios
  • PDI
  • Vigo

Data de celebración:

20 de marzo ás 9:30 21 de marzo ás 9:30 22 de marzo ás 9:30

Dirixido a

Estudantes , Medios e PDI

Organiza

Grupo de Investigación TI4 Tradución & Paratradución

Lugar

Facultade de Filoloxía e Tradución

rúa da ilustración s/n
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Congreso

Entrada:

Entre 60€ e 120€ É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

ParatradIT-2024_UVigo_T&P celébrase entre os días 20 e 22 en modalidade presencial e virtual

O campus de Vigo acolle a primeira edición do Congreso Internacional de Paratradución, Interlinguas e Transmedia, ParatradIT-2024_UVigo_T&P.  O evento terá lugar entre os días 20 e 22 tanto en modalidade presencial no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo como en modalidade virtual. O simposio ten unha dobre vertente, unha científica dedicada ao diálogo investigador arredor de tres eixes científicos principais e outra esencialmente divulgativa, concentrada en seis obradoiros formativos que achegarán o alumnado á práctica profesional da tradución.

Dirixido e organizado por Óscar Ferreiro Vázquez, Emmanuel Bourgoin Vergondy, José Yuste Frías, Ramón Méndez González e Karl Schurster, membros do Grupo de Investigación TI4 Tradución & Paratradución (T&P), este é o primeiro evento científico dunha serie que, ao longo dos próximos anos, estudará as circunstancias sociais, culturais, políticas e, sobre todo, tecnolóxicas que afectan á tradución entre linguas (interlinguas) na era das narrativas transmedia, tanto en pantalla como fóra dela, dende a perspectiva teórica, didáctica e profesional da paratradución. 

Máis información

Nova no Duvi

Anótao en:

Add to Calendar 2024-03-20 09:30:00 2024-03-20 09:30:00 I Congreso Internacional de Paratradución, Interlinguas e Transmedia ParatradIT-2024_UVigo_T&P celébrase entre os días 20 e 22 en modalidade presencial e virtual Facultade de Filoloxía e Tradución Grupo de Investigación TI4 Tradución & Paratradución Europe/Madrid public