Identidade e contas de Usuario

Contas de usuario

Teñen dereito a unha conta de usuario os membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo. Isto inclúe a alumnado, persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos.

Unha conta é un identificador de usuario, do tipo:

  • usuario@uvigo.es
  • usuario@alumnos.uvigo.es

As contas persoais para PAS, PDI e alumnado créanse de xeito automático:

  • PAS e PDI (@uvigo.es): No momento en que se dan de alta ós usuarios nas aplicacións de xestión de persoal da Universidade de Vigo
  • Alumnado (@alumnos.uvigo.es): No momento en que se formaliza a matrícula do alumnado

Os cambios posteriores nos datos dos alumnos, PDI e PAS (nome, apelidos, ubicación, datos de acceso á secretaría virtual, etc.) refléxanse de xeito automático no directorio de usuarios e nas propias contas de usuario. Dado o xeito en que se fan estas  actualizacións pode haber un pequeno retraso (ata dúas horas cando se da de alta ó usuario nas aplicacións de xestión, ata quince minutos para posteriores modificacións) nas actualizacións.

As contas de usuario están suxeitas ó cumprimento das normas de uso dos servizos, normas das que se informa ó usuario e que están publicadas na páxina web da ATIC no apartado normativa. 

A que servizos da acceso

As contas de usuario dan acceso ós seguintes servizos:

Como obteño unha conta de usuario

As contas de usuario créanse automáticamente en base ós datos existentes para o usuario na Secretaría Virtual da Universidade de Vigo, polo que un requisito previo a poder dispoñer dunha conta de usuario é dispoñer dun acceso á  Secretaría Virtual da Universidade de Vigo.

Unha vez que se dispón dos datos de acceso á Secretaría Virtual (DNI ou documento identificativo, número de tarxeta universitaria e clave de acceso) pode activarse a conta de usuario dende http://login.uvigo.es/portal/ como se indica en este enlace.

Para contas que non se creen automáticamente ou se se trata dunha petición dunha conta adicional ou non persoal (para departamentos, asignaturas, servizos, eventos, cursos, sindicatos, delegacións de alumnos, etc.), debe remitir ó Servizo de Atención ó Usuario (SAUM) por correo interno seguindo o procedemento indicado no seguinte apartado.

Como solicito unha conta de usuario

As contas créanse, na maior parte dos casos, de xeito automático, se o seu é un dos casos en que non se crean as contas de usuario de xeito automático ou se se trata dunha petición dunha conta adicional (para asignaturas, servizos, eventos, contas xenéricas, sindicatos, delegacións de alumnos, etc.), debe remitir ó Servizo de Atención ó Usuario (SAUM) un formulario impreso por correo interno seguendo o seguinte procedemento:

  1. Cubrir o formulario de solicitude que pódese conseguir no apartado Formularios.
  2. Enviar o formulario debidamente cuberto e por correo ordinario ó servizo de atención ó usuario.
  3. Unha vez recibida a solicitude o SAUM tramitará a petición e porase en contacto con vostede para comunicarlle os datos relacionados coa conta solicitada.

Cal é o meu identificador de usuario

  1. No caso das contas de usuario creadas automáticamente o identificador de usuario asígnase automáticamente seguindo o seguinte criterio:
    Os identificadores de usuario créanse a partir de nome, primeiro e segundo apelido, vanse buscando identificadores non existentes xa na Universidade de Vigo.
    Por exemplo, para o usuario de nome: Perico Palotes Pérez, no dominio @uvigo.es, a secuencia de identificadores de usuario buscaríase do seguinte xeito:
    • ppalotes@uvigo.es
    • pepalotes@uvigo.es
    • perpalotes@uvigo.es
    • ...
    • pericopalotes@uvigo.es
    • pericopalotesp@uvigo.es
    • pericopalotespe@uvigo.es
    • ...
    • pericopalotesperez@uvigo.es
    • pericopalotesperez0@uvigo.es
    • pericopalotesperez1@uvigo.es
    • ...
  2. No caso das contas de usuario para as que se precise o envío dun formulario de solicitude pódese solicitar o identificador de xeito libre sempre que non esté xa asignado e cumpla coas normas de uso do servizo de correo electrónico.

Os datos da miña conta non están actualizados

As contas que se crean automáticamente actualízanse en base ós datos existentes na Secretaría Virtual para o usuario (nome, apelidos, documento identificativo, titulacións que cursa, centro, etc.).

No caso das contas creadas de xeito manual compre solicitar a modificación ó Servizo de Atención o Usuario (SAUM).

Non consigo activar a miña conta de usuario

  1. Os datos de activación para a conta de usuario, se esta é creada automáticamente, son os de acceso á Secretaría Virtual: NIU , número de documento identificativo (NIF, pasasporte, etc.) e clave de acceso á secretaría virtual
  2. Pódese autentificar tamén cun certificado persoal da FNMT
  3. Os datos non se actualizan automáticamente no directorio de contas de correo, se modificou algúns de estes datos na Secretaría Virtual a activación da conta pode non ser posible ata pasado un tempo
    1. Modificación de datos na secretaría virtual (clave de acceso ou outros): ata 15 minutos
    2. Creación dunha nova conta na secretaría virtual: ata 2 horas

Recibín un aviso de que a conta vai a ser borrada

As contas creadas manualmente teñen un tempo de expiración asociado, definido manualmente e dependente da finalidade da conta ( por defecto é de 2 anos), para evitar a acumulación de contas non usadas e con esto o desperdicio de recursos do ATIC.

Estas mensaxes só se envían ás contas creadas manualmente (ver o listado do apartado seguinte) previa solicitude a través de un formulario e nunca ás creadas automáticamente.

warningOs servizos informáticos nunca solicitarán contrasinais ou datos que permitan o acceso á conta do usuario. Só se pedirá ó envío por correo interno do formulario de renovación da conta de correo ó Servizo de Atención ó Usuario (SAUM).

Estes avisos envíanse a partir de 1 mes antes da expiración da conta de usuario. As contas seguirán a existir 3 meses despóis da data de expiración, unha vez pasado ese tempo bórranse automáticamente.

Tipos de contas de usuario

A continuación indícase un listado dos tipos de usuario máis habituais e o tipo de conta de que poden dispoñer.

  • Alumnos Grao / Máster / Postgrao / Titulacións Propias / Tese
    • Conta do tipo usuario@alumnos.uvigo.es
    • Creación automática, activación en https://login.uvigo.es/portal/ con datos de acceso á secretaría virtual ou certificado FNMT
  • Alumnos de doctorado RD 99/2011
    • Conta do tipo usuario@uvigo.es
    • Creación automática, activación en https://login.uvigo.es/portal/ con datos de acceso á secretaría virtual ou certificado FNMT
  • Alumnos egresados
    • Non se lles proporciona conta de usuario
  • PDI
    • Conta do tipo usuario@uvigo.es
    • Creación automática, activación en https://login.uvigo.es/portal/ con datos de acceso á secretaría virtual ou certificado FNMT
  • PAS
    • Conta do tipo usuario@uvigo.es
    • Creación automática, activación en https://login.uvigo.es/portal/ con datos de acceso á secretaría virtual ou certificado FNMT
  • PDI externo centros adscritos
    • Conta do tipo usuario@uvigo.es
    • Creación automática, activación en https://login.uvigo.es/portal/ con datos de acceso á secretaría virtual ou certificado FNMT
  • PAS externo administrativo
    • Conta do tipo usuario@uvigo.es
    • Creación automática, activación en https://login.uvigo.es/portal/ con datos de acceso á secretaría virtual ou certificado FNMT
  • PDI externo ou en situación temporal
    • Non se proporciona conta de usuario
  • PAS externo ou en situación temporal
    • Non se proporciona conta de usuario
  • PDI desvinculado da Universidade de Vigo
    • Non se proporciona conta de usuario
  • PAS desvinculado da Universidade de Vigo
    • Non se proporciona conta de usuario
  • Contas institucionais ou de servizos non persoais
    • Conta do tipo usuario@uvigo.es
    • Créase mediante solicitude expresa enviando o formulario de solicitude de conta de usuario.
    • Estas contas teñen limitado o acceso a servizos que requiran unha verificación consistente da identidade do usuario (almacenamento de arquivos persoais, acceso a algunhas publicacións ou webs, etc.)
  • Contas departamentais, de materias ou titulacións non persoais
    • Conta do tipo usuario@uvigo.es
    • Créase mediante solicitude expresa enviando o formulario de solicitude de conta de usuario.
    • Estas contas teñen limitado o acceso a servizos que requiran unha verificación consistente da identidade do usuario (almacenamento de arquivos persoais, acceso a algunhas publicacións ou webs, etc.)
  • Bolseiros

  • Delegacións de alumnos

  • Sindicatos

  • Contas para actos, eventos ou congresos
    • Conta do tipo usuario@uvigo.es
    • Créase mediante solicitude expresa enviando o formulario de solicitude de conta de usuario.
    • Estas contas teñen limitado o acceso a servizos que requiran unha verificación consistente da identidade do usuario (almacenamento de arquivos persoais, acceso a algunhas publicacións ou webs, etc.)

Rectoría | University Campus | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibility | Site map | Legal Advise