Bolsas de estudo

Convocatoria xeral MECD 

  • Destinada a persoas que se matriculan na Universidade de Vigo no curso 2017/2018 nunha titulación oficial de grao ou máster, agás as empadroadas nun municipio do Pais Vasco a 31 de decembro de 2016
  • Convocatoria e requisitos
  • Fase da convocatoria: en trámite
  • Consulta o estado da túa solicitude no MECD
  • Impreso de ALEGACIÓNS
  • Preguntas frecuentes
  • Simulador para o cálculo da contía variable
  • Aviso moi importante: Lémbrase aos beneficiarios e beneficiarias de bolsa do Ministerio de Educación, que procederá a devolución da bolsa concedida no caso de:
    • Anulación de matrícula
    • Non ter superado en convocatoria ordinaria nin extraordinaria o 40% dos créditos matriculados nas titulacións da rama de Ciencias e Ensinanzas Técnicas, e o 50% no resto das titulacións. Para o cálculo desta porcentaxe non se terán en conta os créditos validados, recoñecidos ou adaptados. Neste suposto procederá o reintegro de todos os compoñentes da bolsa excepto o correspondente á matrícula.
    • Non ter presentado o proxecto fin de carreira no prazo de dous anos desde a data de resolución de concesión da bolsa, no caso de ter obtido a bolsa para a realización do devandito proxecto.
       

Convocatoria xeral Goberno Vasco

  • Destinada a persoas empadroadas nun municipio do Pais Vasco a 31 de decembro de 2016, que se matriculan na Universidade de Vigo no curso 2017/2018 nunha titulación oficial de grao ou máster
  • Convocatoria e resolucións
  • Fase da convocatoria: publicada 2ª proposta de resolución. Prazo para presentar alegacións ata o 1 de febreiro

Convocatoria de prazas e bolsas de aloxamento 

  • Destinada a persoas matriculadas na Universidade de Vigo no curso 2017/2018 nunha titulación oficial de grao, máster ou doutoramento que desexen residir nalgunha das residencias universitarias
  • Convocatoria e resolucións
  • Fase da convocatoria: Resolta

Convocatoria de inicio de estudos de máster

  • Destinada a persoas matriculadas na Universidade de Vigo no curso 2017/2018 no primeiro curso dun máster oficial
  • Convocatoria
  • Fase da convocatoria: publicación prevista no 1º trimestre

 Bolsas da Xunta de Galicia

Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se porocede á convocatoria de axudas ao alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado nas universidades do SUG no curso 2017/2018, nas ramas de coñecemento afectadas

 

Orde do 19 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas para o inicio de estudos universitarios no curso académico 2017/18 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

 

Orde do 1 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun mestrado universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema Universitario de Galicia no curso académico 2017/18

 

Resolución do 7 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de cen bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de mestrado que se inicien no ano 2017 nunha universidade galega
 

 

Rectoría | University Campus | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibility | Site map | Legal Advise