Calidade

O Real Decreto 99/2011 de 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, establece no seu artigo 10.3 que os programas de doutoramento deberán someterse a un procedemento de avaliación cada seis anos a efectos da renovación da acreditación á que se refiere o artigo 24 do Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro.

Neste contexto a ACSUG, en base aos criterios definidos pola REACU, e de acordo cos estándares internacionais de calidade, establece as liñas básicas de actuación para os procesos de verificación, seguimento, modificación e renovación da acreditación (VSMA)

Na Escola Internacional de Doutoramento (Eido) xunto coa Área de calidade da Uvigo estase traballando no deseño dun Sistema de Garantía da Calidade (SGC) que facilite os procesos derivados das directrices nacionais e internacionais en materia de calidade.

Rectoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidad | Mapa web | Aviso Legal