A Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo é unha institución innovadora e moderna, creada en 1990 tras a súa segregación da Universidade de Santiago de Compostela. É unha institución pública e comprometida cos principios de igualdade, solidariedade, democracia e liberdade. O galego é a súa lingua oficial, pero tamén se utiliza o castelán. Case toda a información realizada por e sobre a Universidade de Vigo está redactada en lingua galega, incluídos os plans de estudos e os programas das materias. Moitos docentes imparten a súas clases en castelán, ainda que algúns tamén utilizan o galego. A liberdade de cátedra, de investigación e de estudo, así como os principios de interdisciplinariedade, pluralismo ideolóxico e participación fundamentan as súas actuacións.

A Universidade de Vigo depende fundamentalmente do financiamento público, aínda que cada vez é maior a contribución ao seu orzamento dos recursos propios xerados pola investigación e pola transferencia dos seus resultados ás empresas.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal