Escola Internacional de Doutoramento

A creación da Escola Internacional de Doutoramento da Universidade de Vigo (Eido da UVigo) fíxose efectiva coa publicación do Decreto 95/2013, do 13 de xuño, polo que se crean as escolas de doutoramento nas universidades do sistema universitario de Galicia (DOG do 26 de xuño de 2013). Con posterioridade, notificóuselle a creación da devandita escola ao Ministerio de Educación a través de Dirección Xeral de Política Universitaria para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT), e queda rexistrada co código 36020684.
A EIDO é un centro de educación superior universitaria da Universidade de Vigo que ten a finalidade de organizar, dentro do seu ámbito de xestión, as ensinanzas e as actividades propias do doutoramento.

cacti_mini

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal