Acceso e admisión de estudantes

Demanda

Sen datos de demanda

Matrícula

Número de prazas de novo ingreso ofertadas: 25 prazas

  • Matrícula ordinaria: 15 plazas
  • Alumnos fora do EEES: 10 prazas

O proceso de preinscripción e matrícula faise a través da web da Universidade de Vigo. Na Sección de Posgrao e Formación Continua pode encontrar toda a información sobre a convocatoria de matrícula en máster para o curso 2017/18, incluindo o calendario de matrícula.

Procedemento para a preinscripción e matrícula:

  1. Acceder á web de automatrícula, co seu usuario e password. Se non ten usuario/password cree un novo siguindo as instruccións na web de automatrícula.
  2. Faga a inscripción no mestrado seguindo as instruccións da web de automatrícula. Ó finalizar o proceso imprima e garde o xustificante de preinscripción. Garde tamen o seu usuario e password. Precisará deles no futuro para acceder á secretaría virtual da UVigo.
  3. Envíe a siguiente documentación á Secretaría de Alumnos (1ª planta da Escola de Enx de Minas e Enerxía, telef: 986 818628, e-mail: eei.master@uvigo.es).
    • DNI ou pasaporte
    • Titulo Universitario (que dé acceso ós estudos de mestrado)
    • Certificación académica ou expediente académico (listado de materias cursadas e calificacións, do seu título universitario)
    • Curriculum vitae
  4. Tras a publicación das listas de alumnos admitidos/excluídos poderá afectuar a súa matrícula no mestrado a través da web de automatrícula ou secretaría virtual.

PRAZOS DE MATRÍCULA

  • PRIMERO PRAZO: 21 xuño - 3 xullo (Preinscripción). Periodo de matrícula: 19 - 24 de xullo de 2017.
    • Lista provisional (11 xullo 2017) e definitiva (18 xullo 2017) de alumnos admitidos e excluídos
  • SEGUNDO PRAZO: 25 agosto - 3 setembro (Preinscripción). Periodo de matrícula: 15 - 18 de setembro de 2017.
    • Lista provisional ( 9 set. 2017) e definitiva (14 sept. 2017) de alumnos admitidos e excluidos. 

Carta de admisión para alumnos extranjeros:

Aqueles alumnos extranxeiros que desexen solicitar unha carta de admisión no mestrado deben enviar os documentos PG-01 e PG-05 e a documentación xustificativa necesaria:

  • Solicitude de admisión no mestrado segundo modelos normalizado PG05
  • Solicitude de equivalencia de titulo univeristario segundo modelo normalizado PG01
  • Documento de identidade ou pasaporte
  • Copia do título universitario
  • Certificación académica dos estudos universitarios, indicando que tales estudos dan acceso a estudos de posgrao.
  • Plan dos estudos universitarios cursados

Pregase que se envíe a solicitude nun único documento PDF á dirección de correo electrónico do mestrado: "mcind@uvigo.es" indicando na mensaxe o seu nombre completo, o número do documento de identidade ou pasaporte, e a sua dirección postal completa (para remitirlle a carta de aceptación). Para evitar confusións coa sua solicitude, prégase que o nome do documento PDF coincida co nome completo do solicitante, segundo o siguiente formato: Apelidos_Nombre.pdf 

Información previa á matriculación sobre acceso e admisión

Descrición do curso ponte ou de adaptación

Non procede un curso ponte

Normativa de permanencia

Normativa de Permanencia da Universidade de Vigo (aprobada polo seu consello social o 2-abril-2013).
Pode consultarse o documento aquí (comprobado o 5-12-2013).

Perfil de ingreso

Titulados con ampla experiencia laboral en calquera das áreas que abarca a protección do medio ambiente e a actividade industrial.

Tamén se consideran titulados de recente incorporación ao mercado laboral: Enxeñeiros Industriais, Enxeñeiros de Minas e outras Enxeñarías, Licenciados en Bioloxía, Química, Ciencias do Mar, Ciencias Ambientais e outras. Recentemente titulados, sen experiencia profesional, preferentemente Enxeñeiros Industriais (de calquera especialidade) e outras Enxeñarías, Licenciados en Bioloxía, Química, Ciencias do Mar, Ciencias Ambientais e outras.

Admisión de estudantes

A información relativa ás listaxes de solicitudes admitidas e exluidas publicaranse na web do Centro.

Os requisitos de admisión correspóndense cos expostos no RD 1393/2007, incluíndo por tanto alumnos titulados universitarios españois ou de calquera centro do EEES. Ademais poderán ser admitidos alumnos titulados universitarios de países alleos ao EEES con nivel de formación equivalente aos títulos universitarios oficiais españois e que devanditos títulos faculten no país expedidor a cursar ensinos de master.

Dada a necesidade de facilitar a interacción e a participación dos alumnos coas empresas colaboradoras no master propúxose un límite de prazas.

Por tanto, no caso de que o número de solicitudes sexa superior ao de prazas ofertadas teranse en conta os seguintes criterios de selección:

  • Expediente académico (40%)
  • Experiencia profesional no ámbito do medio ambiente e a actividade industrial (30%)
  • Aspectos globais do curriculum vitae (20%)
  • Entrevista persoal (10%)

En caso de non cubrirse a oferta de prazas con alumnos con matrícula a tempo completo ou a tempo parcial, ofrecerase matrícula en réxime de formación continua para aquelas persoas que, con independencia da titulación que posúan, matricúlense de módulos ou materias diversas sen aspirar á obtención do título de master.

 

Información sobre os complementos formativos necesarios, en función de a formación previa acreditada polo estudante, se fose o caso

Non se contemplan. 

Información sobre a transferencia e recoñecemento de créditos

Serán competencias reconocibles calquera estudo universitario ou perfil profesional coincidentes coas competencias e coñecementos que se impartan no máster.

Os módulos, materias ou complementos recoñecidos por resolución reitoral consideraranse superados para todos os efectos.

Pódense recoñecer directamente ou mediante convenios, titulacións extranxieras que dean acceso a titulacións oficiais na Universidade de Vigo.

Consulte aquí a Normativa da Universidade de Vigo e aquí o procedemento de recoñecemento e transferencia de créditos para máster.

 

Procedementos de acollida e orientación dos estudantes de novo ingreso

O procedemento documentado para a selección, admisión e matriculación de estudantes aparece recollido no PC05 do Sistema de Garantía Interna de Calidade do Centro.

 

Información sobre o apoio e orientación a os e as estudantes

Desde a Universidade de Vigo:

Desde o Centro:

  • Os profesores con docencia no Master exercerán de titores de todos os alumnos matriculados no master para a súa orientación e seguimento da aprendizaxe. Previo ao comezo da docencia do master desenvolverase unha sesión inaugural de presentación do mesmo aos alumnos matriculados orientada a perfilar o contido, a metodoloxía, a organización e o resto de aspectos docentes do mesmo
  • Delegación de Alumnos
  • Actividades paralelas de apoio dentro do curso académico

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal