Calendario de implantacion

 A implantación da nova titulación, Mestrado Universitario en Enxeñaría da Automoción, realizouse no curso 2013-14 segundo o previsto, tras a aprobación e publicación de todas as modificacións (informe favorable da ACSUG, verificación e publicación do plan de estudos...) e a autorización da Xunta de Galicia para a súa implantación.

 A extinción do título anterior, Mestrado en Tecnoloxías e Procesos da Industria do Automóbil, realízase segundo a normativa de suspensión e extinción de estudos oficiais de mestrado, publicada na páxina web da universidade (http://secxeral.uvigo.es/secxeral_gl/_galeria_descargas/normativa_suspension.pdf) e de acordo ao establecido no Procedemento de Suspensión e extinción dunha Titulación (DO0103) do Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) do Centro. Neste procedemento establécese a sistemática pola que se suspende ou extingue unha titulación e os criterios que deben cumplirse:(http://eei.uvigo.es/opencms/export/sites/eei/eei_gl/documentos/escola/calidade/procesos-chave/DO-0103_Suspension_e_extincion_dunha_titulacion.pdf).

A alta taxa de graduación da titulación facilita a transición ao novo título.


 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal