Prácticas externas

Información xeral 

Dado o carácter eminentemente profesionalizante do mestrado, considérase importante ofrecer aos alumnos a posibilidade de realizar prácticas en empresas. Estas prácticas deben contribuír á formación integral do alumno, achegándolle unha experiencia de traballo que lle permita afrontar novos retos, desenvolver novas habilidades e servir como complemento ás competencias adquiridas na aula, de forma que lle acheguen ás técnicas, fundamentos e experiencias que na actualidade se desenvolven nas empresas do sector.

As prácticas terán unha duración de 100 horas, equivalentes aos 4 créditos ECTS correspondentes á materia Prácticas externas, puidendo ampliarse por un período máximo de 140 horas extracurriculares. É unha materia optativa que se ofrece xunto á outra das optativas, CAD.

Máis información sobre as prácticas externas.


Avance de centros onde se poden realizar as prácticas

Dende o curso 2013-14, primeiro ano de implantación das prácticas no mestrado, os alumnos realizaron as prácticas nas seguintes empresas: PSA, CTAG, Faurecia Sistemas de Escape, Faurecia Automotive España, BorgWarner, Ítera Técnica, Aníbal Metalmecánica, Mecadyr SC, Levantina y asociados de Minerales, Aludec e MoonOff. O obxectivo é ir aumentado ano a ano a oferta de prácticas e estendelas a diversas empresas do sector da automoción. Así, neste curso 2016/17 xa hai contactos avanzados, para que acollan a alumnos en prácticas, coas empresas Vigotec, Carrocerías Dafer e Little Electric Car España.


Normativa 

Aínda que o mestrado non ten unha normativa de prácticas propia, son de apliación tanto a normativa da Universidade de Vigo como a do centro:

Normativa de prácticas externas da Universidade de Vigo onde se inclúe o procedimento para a formalización dos convenios.

Regulamento de prácticas en empresa da EEI.

Documentación para a formalización das prácticas (Convenios, formalización das prácticas (D3-D4), seguimento (D5, D6, D7), acreditación (D8))

 


 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal