Recursos materiais e servizos

 sector-recambios

  A Escola de Enxeñaría Industrial -Sede Campus onde se      imparte o mestrado está dotada dunha importante    infraestrutura e recursos materiais que garanten o  desenvolvemento das actividades formativas planificadas.  

 Cabe destacar:

Ao mestrado facilítanselle os recursos e servizos necesarios para levar a cabo o programa formativo. Así, o mestrado ten a súa disposición: aulas equipadas con proxector de transparencias e conexión a Internet (unha no Módulo Común e dúas nos Módulos de Especialidade), aulas informáticas co software específico, laboratorios...

As instalacións compren cos requisitos de accesibilidade que marca a normativa vixente. Regularmente avalíase a accesibilidade destes para persoas minusválidas e todos os anos se revisan e eméndanse as posibles incidencias ao respecto en colaboración coa Vicerreitoría correspondente e a Unidade Técnica da Universidade.

Por otra banda, existen una serie de rutinas orientadas a garantir o mantemento dos recursos materiais e servizos para que desempeñen de forma sostenida no tempo a función para a que están previstos. Con ese fin actúase en colaboración directa coa Unidade Técnica da Universidade de Vigo.

Información relativa a este punto pode consultarse na seguinte ligazón, correspondente ao Sistema de garantía interna de calidade, onde se atopan os procedimientos de apoio (Documentos do SGIC da Escola de Enxeñaría Industrial).

As organizacións que colaboran co mestrado tamén poñen a disposición do mestrado os seus propios recursos materiais: aulas de formación, laboratorios, plantas de produción, equipos de desenvolvemento...

Poden consultarse máis detalladamente os recursos materiais directamente relacionados co título neste informe.

 Outros servizos que ofrece a Escola son:

  • Unha biblioteca común para a EEI e a ETSE Minas
  • Unha aula de grao con capacidade para 60 personas, dotada con proxector, pantalla fixa e sistema de megafonía.
  • Un salón de actos con cabida para 350 persoas dotado con proxector e pantalla fija e sistema de megafonía.
  • Despachos, sala de Xuntas, Delegación de alumnos, secretaría de alumnos, conserxería.
  • Un servizo de reprografía
  • Cafetería
  • Servizo de comedor
  • Servizo wifi

O mestrado conta tamén cun espazo propio dentro da Escola, compartido con parte dos outros mestrados (Unidade de Posgrao). Nesta sala sitúase o persoal de apoio e realízanse as tarefas administrativas. Este espazo permite mellorar a atención ao alumno e resolver axeitadamente as necesidades de organización e administración do mestrado. Este mesmo espacio dispón dunha sala de reunións anexa para as reunións da Comisión Académica do Mestrado e para o profesorado externo que o precise.

Á marxe da Escola de Enxeñaría Industrial, a Universidade dispón da seguinte infraestrutura:

  • Unha Biblioteca Universiaria central, de acceso libre para todos os profesores, estudantes e personal da Universidade.
  • Un servizo de información ao estudante (SIOPE, Servizo de Información, Orientación e Promoción do estudante).
  • Un edificio de Deportes con diferentes escolas deportivas, programas de ocio e diferentes competicións
  • Un centro de Linguas
  • Un centro de I+D, OTRI
  • Unha Oficina de Orientación al Empleo (OFOE) no edificio C.A.C.T.I.
  • Unha oficina de medioambiente (OMA)
  • Unha oficina de Relacións Internacionais (ORI)
  • Un servizo de Teledocencia, Faitic
  • Un tribunal de Garantías

 


 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal