DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Noticia café con sal

Tags
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
DUVI 09/04/2019

María Oliviero e Simona Schiavo, investigadoras do ENEA Portici Research Centre de Nápoles ofreceron este martes unha conferencia dentro do ciclo Café don Sal da Ecimat na que abordaron os efectos tóxicos dos microplásticos no medio mariño. Oliviero e Schiavo centraron a súa intervención nos efectos ecotóxicos e xenotóxicos do plástico e os seus aditivos sobre as larvas planctónicas mariñas e como este impacto podería afectar a niveis tróficos superiores. Neste contexto e ao abeiro do programa Assemble Plus, o proxecto Gecoplast (Genotoxicity and Ecotoxicity of Plastics and Additives on marine larvae), no que participan ambas poñentes, ten como obxectivo avaliar a ecotoxicidade e xenotoxicidade dos microplásticos e os seus aditivos en larvas mariñas. Gecoplast, está a desenvolverse na ECIMAT a través do programa Assemble Plus, e conta coa supervisión do docente e investigador do grupo Ecotox (CIM-UVigo) Ricardo Beiras. 

A produción global anual de plástico achégase aos 300 millóns de toneladas e constitúe unha das maiores preocupacións para o medio ambiente e moi especialmente no medio mariño, onde os microplásticos están presentes desde a superficie do mar ata os sedimentos. 

Café con Sal volve o 23 de marzo

As conferencias do ciclo Café con Sal continuarán o vindeiro 23 de marzo. Será co relatorio titulado Mussel beds. Much more than seafood, a cargo do investigador do Interdisciplinary Centre of Marine and Environmental Research (CIIMAR, Portugal) Marcos Rubal García.