Información sobre emerxencias

Emergencies

This content is currently not available in English

Se xorde algunha emerxencia que afecte a túa integridade, aquí atoparás toda a información para resolvela

 

As medidas que debes adoptar no caso de accidente, incendio ou evacuación, descríbense neste tríptico de emerxencias.

Ademais, as conserxerías dos edificios dos campus da Universidade de Vigo contan con caixas de primeiros auxilios e moitas delas tamén con desfibriladores semiautomáticos para prestar unha primeira axuda de urxencia ante calquera emerxencia que se puidese producir.

Teléfonos

  • Servizo de seguridade dos campus: 618873387
  • Centro médico (campus de Vigo, Edificio Filomena Dato, baixo): 986 813 451
  • Bombeiros: 080
  • Ambulancias: 061
  • Centro Coordinador de Emerxencias: 112

Instalacións con desfibriladores semiautomáticos

  • Conserxaría do pavillón de deportes. Campus de Ourense
  • Pista de atletismo do pavillón de deportes. Campus de Ourense
  • Conserxaría da Facultade de Ciencias de Educación e do Deporte. Campus de Pontevedra
  • Portátil na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Campus de Pontevedra
  • Conserxaría da Facultade de Fisioterapia. Campus de Pontevedra
  • Conserxaría Pavillón de Deportes. Campus de Vigo
  • Espazo médico do servizo de deporte. Campus de Vigo
  • Conserxaría Escola de Enxeñaría Industrial. Campus de Vigo
  • En breve entregaranse na Facultade de Ciencias Económicas e Empresarais, na Facultade de Filoloxía e Tradución e no Edificio Politécnico.
     

Seguro de accidentes

Para máis información, podes contactar coa Xerencia 
xerencia@uvigo.gal
+34 986 813 560