DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Ao longo da semana foron ocupando coas súas propostas diferentes espazos do Edificio de Ferro

Alumnado de Educación Infantil expón as súas instalacións artísticas no campus

Apostando pola creatividade empregando materiais de uso cotiá

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Arte
  • Cultura
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI Ourense 21/03/2024

Ao longo desta semana, diferentes espazos de uso común do Edificio de Ferro foron acollendo a exposición de instalacións artísticas realizadas por alumnado de terceiro curso do Grao de Educación Infantil, que se imparte na Facultade de Educación e Traballo Social do campus. O estudantado realizou en grupo estes traballos no marco da materia Obradoiro de Creatividade, impartida por Sara Fuentes e Javier Blanco, subliñando desde a súa organización a boa acollida e resposta dos alumnos e alumnas. As propostas realizadas destacaron pola súa creatividade dando un uso artístico e pedagóxico a materiais de uso cotiá, desde xornais a papel de cociña. A iniciativa rematou este venres coa presentación das propostas a cargo do alumnado que as elaborou e co desenvolvemento das actividades pedagóxicas asociadas a cada instalación, tal e como se desenvolverían nun contexto educativo real.