DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Nunha xuntanza celebrada este venres en Santiago de Compostela

O Foro Económico de Galicia analiza coa conselleira de Economía, Industria e Innovación os principais retos para a nova lexislatura

A entidade está xestionada desde o campus de Ourense polo grupo de investigación Gen

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Visitas
  • Institucional
DUVI Ourense 22/03/2024

O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), celebrou este venres en Santiago de Compostela unha xuntanza de traballo coa conselleira en funcións de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana. Na cita, celebrada no Hostal dos Reis Católicos, participaron membros deste foro encabezados polo seu polo seu presidente, Emilio Pérez Nieto, e polo seu director, Santiago Lago, catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo.

Na xuntanza, indican en nota de prensa desde o Foro Económico de Galicia, abordaron “os principais asuntos que están enriba da mesa nas áreas baixo as competencias da conselleira, a situación do sector da enerxía eólica así como os traballos de Recursos de Galicia, a empresa de capital público-privado creada para que o aproveitamento dos recursos naturais de Galicia teña unha repercusión directa na economía galega”. Tamén trataron asuntos como o futuro do proxecto de Altri na provincia de Lugo, os fondos europeos para a financiación industrial, os PERTE, e de xeito particular o sector da automoción, “motor das exportacións galegas”.