O centro de investigación AtlantTIC abre a porta á incorporación ao mundo laboral a un total de 50 estudantes de doutoramento, enxeñeiros júnior e doutores en Enxeñaría de Telecomunicación, Enxeñaría Informática ou titulacións afíns, a través dunha oferta de emprego directamente relacionada co proxecto Táctica, que ten a finalidade de potenciar o polo de xeración e transferencia de coñecemento TIC, creado en Galicia ao abeiro da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Os 7 millóns de euros outorgados en novembro do pasado ano polo Ministerio de Economía y Competitividad, permitirán desenvolver un proxecto, segundo explica a directora da AtlantTIC, Nuria González Prelcic, “centrado no hipersector TIC e formulado como unha serie de liñas de investigación activadoras, con resultados claramente transferibles á industria”.
03/02/2014