Un respaldo social amplo e un proxecto deportivo sen fisuras. Esta é a gran baza coa que se presentou a candidatura de Vigo á Universiada 2013 esta mañá na sede do Consello Superior de Deportes.
Na segunda quenda, despois da candidatura de Murcia, a representación viguesa comezou a súa exposición, que estivo dividida en tres bloques temáticos: o institucional, o técnico e, finalmente, un vídeo no que se reflectía o apoio incondicional da cidadanía ao proxecto. Foi este último aspecto sobre o que xirou toda a exposición na que tomaron parte o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, o reitor, Alberto Gago, e o alcalde, Abel Caballero.
04/03/2008