Persoal investigador do Instituto Andaluz de Investigación e Formación Agraria, Pesqueira, Alimentaria e da Produción Ecolóxica (IFAPA), en colaboración con investigadores das universidades de Vigo e da Marche, en Italia, veñen de demostrar que o aquenio, as pebidas do amorodo, conteñen a maior cantidade de antioxidantes destes froitos, concretamente o 81% do total. “O que conseguirmos demostrar é que o aquenio é unha bomba de compostos fenólicos, de antioxidantes”, comenta Patricia Reboredo, investigadora do Centro de Investigacións Agroambientais e Alimentarias da Universidade de Vigo que participa no proxecto.
03/11/2016