DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O mércores e xoves celebráronse sesións especiais de zumba e bicicleta estática

Arredor de 120 persoas participaron nas actividades de peche das escolas deportivas

Tiveron lugar no exterior do edificio do Campus da Auga.

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Deportes
  • Saúde
  • Deportes
DUVI Ourense 31/05/2019

A Área de Benestar, Saúde e Deporte do campus de Ourense pechou esta semana a programación de escolas deportivas que se desenvolveu ao longo deste curso académico e fíxoo con dúas sesións especiais de zumba e bicicleta estática de balde e abertas a todas as persoas interesadas. As masterclass, que tiveron lugar o mércores e xoves pola tarde noite, reuniron a arredor de 120 persoas na zona exterior entre o Pavillón de Deportes e o edificio do Campus da Auga. Na actividade colaborou o centro Aqa Ourense.