DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A cita, organizada polo Grupo Hotusa, reuniu estudantes de 11 universidades

Alumnado de Turismo participa na fase final de Talent Match

Expuxeron un proxecto de adaptación de aloxamento para persoas con discapacidade visual

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Premios
  • Estudantes
DUVI Ourense 26/04/2022

A competición interuniversitaria Talent Match, organizada polo Grupo Hotusa para potenciar o vínculo entre universidade e empresa, contou este ano coa participación de 11 centros universitarios españois e arredor de 150 estudantes. Esta fin de semana, o certame celebrou en Madrid a súa fase final reunindo a 40 deses estudantes, seleccionados pola calidade dos seus proxectos presentados a concurso. Entre eles estivo un equipo da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense, formado por Carolina Rodríguez, alumna de cuarto curso do Grao en Turismo, e Marta Vila, de quinto curso do programa conxunto Turismo-Historia. Elas presentaron un proxecto chamado True Experience, de adaptación de aloxamento para persoas con discapacidade visual.

Na competición, que finalmente gañou o equipo da Universitat Autònoma de Barcelona, as e os alumnos enfrontáronse ao reto de desenvolver novos modelos de negocio, conceptos hoteleiros ou servizos turísticos, realizando previamente unha análise do sector turístico e propondo solucións innovadoras que respondan e aproveiten as oportunidades que ofrece o mercado.