Os ourensáns acadaron un marcador de 19-23
O equipo de rugby perde fronte a Hernani CRE
O encontro de liga disputouse o domingo no campus
Este domingo, o Campus Universitario Ourense Rugby Club disputou unha nova xornada, a onceava, da liga 2020/2021 da División de Honra B do rugby estatal. Os ourensás perderon 19-23 no encontro disputado nas instalacións deportivas do campus de Ourense contra o Hernani CRE, o segundo clasificado do seu grupo. Con este marcador, o equipo de David Monreal suma catro partidos gañados e seis perdidos no que vai de tempada, situándose sétimo na táboa do grupo A.