Tralo seu inicio oficial este mércores, a campaña ás eleccións á reitoría do 23 de abril achegouse este xoves ata o campus de Pontevedra con dúas presentacións da candidatura Horizonte 2040. O candidato a reitor Pachi Reigosa expuxo as liñas centrais do seu programa nos actos celebrados na Facultade de Belas Artes en a Escola de Enxeñaría Forestal. Fíxoo acompañado por oito das e dos integrantes do que sería o seu equipo de goberno, entre os que se atopan dous docentes do campus, o profesor de Ciencias da Educación e do Deporte e candidato a vicerreitor de campus, Jorge Soto, e a docente de Ciencias Sociais e da Comunicación e candidata á vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama.
05/04/2018