As IV Xornadas de fundraising para a promoción do mecenado universitario, organizadas desde a Reitoría da Universidade de Vigo, coa colaboración do seu Consello Social e a participación da Conferencia de Consellos Sociales, desenvolveranse os vindeiros 4 e 5 de maio, cun clara aposta pola internacionalización e cun programa no que se abordarán, a través de relatorios e obradoiros, cuestións como a obra social, a marca pública universitaria, as redes sociais, o libro branco sobre mecenado universitario e os observatorios de antigos alumnos. As xornadas, cuxa inscrición é gratuita, celebraranse na sede da Fundación Barrié en Vigo.
07/04/2017