O concurso Que é a UVigo para ti? buscaba que a comunidade universitaria e todas aquelas persoas que pasasen nalgún momento da súa vida pola UVigo remexesen nas súas lembranzas na procura dunha instantánea que reflectise que significou para eles e elas a etapa. O xurado fixo público a súa decisión a comezos deste mes, pero non foi ata onte mércores cando as persoas gañadoras nas catro modalidades, estudantes, persoas egresadas, PDI e internacional, recibiron os galardóns.
17/12/2020