Case unha vintena de estudantes de terceiro curso de Educación Secundaria Obrigatoria do Colexio Santo Ángel (Calasancias) de Ourense expuxeron este luns na Facultade de Historia do campus os traballos que realizaron no marco do proxecto Conecta sobre o mundo clásico.
Desde este luns e ata o sábado 20, un equipo liderado desde o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo desenvolve unha intervención arqueolóxica no abrigo de Peña Piñera, en León.
Investigadores do Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións e do Grupo de Antenas, Radar e Comunicacións Ópticas, ambos de atlanTTic, participaron no deseño dun sistema de antenas máis eficiente para os satélites destinados a comunicacións de alta capacidade.
Cada ano a Facultade de Dereito do campus de Ourense organiza un Curso de Actualización Xurídica centrado en temas de carácter transversal e/ou de actualidade en diferentes áreas do dereito.
A convocatoria de axudas a grupos de investigación do campus de Ourense Inou-Campus Auga, feita pola Universidade de Vigo con financiamento da Deputación de Ourense, xa ten proxectos gañadores.
A Facultade de Relacións Internacionais do campus de Ourense celebra este mes de abril o curso China: cultura e sociedade. Será os días 12, 13, 19 e 20 de abril.
Coincidindo coa celebración este mes do Día Mundial da Saúde, a Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense celebrou este mércores a xornada Máis de 40 anos: pasado, presente e futuro do VIH. Comunidades diversas para acabar co estigma social.
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolle este xoves e venres, 11 e 12 de abril a celebración do IV PRICIT Doctoral Workshop. Nela abordaranse temas de actualidade en eidos como a contabilidade, a auditoría ou o control de xestión.
Un equipo do grupo Environmental Physics Laboratory (EphysLab), do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, está a desenvolver o proxecto estatal Setestrelo. Ao seu abeiro realizan unha avaliación en alta resolución do transporte de humidade no Atlántico norte.
Arranca en Vigo Biointegrasaúde 2024, encontro anual no que os tres institutos de investigación biomédicos galegos (Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Instituto de Investigación Biomédica da Coruña e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur) fan unha posta en común da súa actividade científica.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acollerá este xoves pola tarde, 11 de abril, a celebración das I Xornadas de promoción do ensino rural.
O Centro de Investigación en Nanomaterias e Biomedicina, CINBIO, da Universidade de Vigo é unha das nove entidades seleccionadas para participar no consorcio europeo Adaptation, financiado con 3,6 millóns de euros de axudas Pathfinder da Unión Europea.
O pasado curso a UVigo foi unha das 16 universidades españolas beneficiarias das axudas do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, con cargo a fondos europeos, para impartir formación en materia de dixitalización e sustentabilidade no ámbito do transporte e a mobilidade. As primeiras edicións deses cursos xa tiveron lugar e os seis que se ofertaron cubriron todas as súas prazas, chegando a preto de 200 persoas.
Arredor de medio centenar de persoas participa esta semana na Universidade de Vigo na primeira xuntanza en Europa do proxecto Ibero4Jobs. A iniciativa reúne a especialistas de universidades e organismos de Colombia, México, Portugal e España.
Un ano máis, a Universidade de Vigo embárcase en La Aventura del saber. O programa de TVE2, que estreará nova temporada mañá mércores 3 de abril, volverá contar coas universidades españolas na sección Universo Sostible.