“Para min a UVigo soa a universidade das persoas. O que significa que o son é diverso, transparente e cheo de creatividade”. Nestes termos explica a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama, a nova aposta da UVigo polo formato podcast, desta volta protagonizado e dirixido ao alumnado, o PDI e o PTXAS da institución, así como a un público máis xeneralista, que queira achegarse á UVigo.
22/11/2024