A emoción e os recordos das experiencias vividas ao longo da carreira, foron as notas dominantes no acto de graduación da 34ª promoción de diplomados en Ciencias da Educación e da 7ª de licenciados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. En total, máis de trescentos estudantes recibiron as súas bandas e diplomas nun acto presidido polo vicerreitor do campus, Jesús Hernández, o decano da facultade, José María Cancela, o secretario do centro, José Lillo, Bella Méndez, do concello de Pontevedra, e Olga Lema, secretaria provincial da Consellería de Cultura e Turismo. Ademais das felicitación aos egresados e súas familias, o vicerreitor convidounos a “non ter medo, a pesar da crise, porque o medo é non recoñecer as propias posibilidades e vós estades moi ben formados”.
23/04/2009