A cidade de Nova York converteuse, o pasado mes de abril, en plató de excepción para a rodaxe de “Cristina Pato. Talento galego no Greenwich Village”. Un documental que, dirixido polo profesor de Comunicación Audiovisual, Xaime Fandiño, foi estreado hai uns días no espazo Galicia Documental da TVG. “A idea deste traballo era ofrecer unha visión inédita da artista”, sinala o director, quen apunta que “Cristina deuse a coñecer como gaiteira pero o que case non se sabe é que ten detrás unha traxectoria como pianista moi importante".
25/09/2007