Ofrecer á comunidade universitaria unha serie de información, desde os seus índices de masa muscular, a súa tensión arterial ou os seus niveis de colesterol e triglicéridos, que lles reporten “un feedback inmediato” de como é o seu estado de saúde e, ao mesmo tempo, achegarlle “unha serie de consellos cos que intentar modificar eses datos”. Estes son, como salienta o responsable da Área de Deporte e Saúde, Guillermo Santos, os dous obxectivos centrais dos Martes Saudables, que este martes despregaron o seu stand en CCSS e da Comunicación, onde ofreceron información e recomendacións sobre deporte, alimentación, sexualidade e saúde xeral.
19/04/2016