“Unha achega cultural distinta, alternativa, á marxe do que se está a facer noutros circuítos”. Así define Ana Belén Fernández Souto, responsable da Área de Extensión Cultural, Deportiva e de Comunicación do campus de Pontevedra, a Programación Primavera 2014, que nos próximos meses complementará a oferta cultural da cidade con teatro, música, cine, conferencias ou exposicións. Un amplo abano de actividades gratuítas e abertas a toda a cidadanía. Non en van, “un dos obxectivos que buscamos con esta programación é abrir a Universidade á cidade”, salienta Fernández Souto.
04/02/2014