Desde comezos do pasado século, a creación plástica e a moda veñen mantendo un “diálogo constante” que, na actualidade, “dáse dunha forma tan fluída e diluída que resulta difícil percibir os límites” entre ambas disciplinas, segundo opina a investigadora Maya Marx, que na súa tese de doutoramento indagou na relación entre estes dous campos. Unha “relación estreita” na que afondou trazando oito “diálogos comparativos” entre artistas plásticos e deseñadores de moda, cos que tratou de atopar os “puntos de intersección” entre dúas disciplinas que, conclúe, atopan a súa conexión na idea do corpo, que "no campo da creación contemporánea, é un concepto extenso, que se posiciona como un operador simbólico, como un metacorpo, nas intermediacións entre cultura e vida”.
05/10/2015