“Entre as miñas escasas virtudes creo que figura a de ser un bo lector. E, non obstante, cando lía as traducións ao castelán dos Sonetos de Shakespeare non entendía como aqueles xeroglíficos inextricables e abstrusos podían gozar de tanta fama. En realidade, sería máis preciso que dixese que cando os lía non entendía nada, simplemente”. Así explica o profesor da Universidade de Vigo Ramón Gutiérrez Izquierdo como comezou un traballo que se prolongou durante unha década e que o levou a traducir e publicar, primeiro en castelán e recentemente en galego, os 154 sonetos do escritor William Shakespeare. As súas son as primeiras traducións dos Shakespeare´s Sonnets, referente da literatura universal, en lingua hispánica acompañadas de comentarios de todos e cada un dos sonetos. Son ademais un intento de ser fiel na letra, na músicalidade e no significado ao orixinal.
18/10/2011