As universidades de Vigo e São Paulo traballan xuntas na posta en marcha dunha dobre titulación internacional, neste caso para o grao en Dirección e Xestión Pública, o que lle permitiría a alumna ou alumno acadar un título oficial recoñecido tanto en España como en Brasil, un país considerado como estratéxico, tanto polo elevado apoio que están a dar ao ensino superior como pola súa boa situación en canto a mercado de traballo, xa que nestes intres as súas cifras de desemprego non superan o 4%. O acordo permitirá pois dotar ao alumnado de máis vantaxes competitivas no eido laboral e facilitarlles unha maior mobilidade entre países.
Co estado das negociacións xa moi avanzado, a idea é que ambas universidades poidan ofrecer a posibilidade da dobre titulación o vindeiro curso, segundo adiantaron esta mañá o profesor Alessandro Soares, docente do Grao de Xestión de Políticas Públicas da Universidade de São Paulo, e o vicerreitor de Relacións Internacionais, Manuel Fernández Iglesais.
06/03/2013