A Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo organizará neste primeiro cuadrimestre catro rutas culturais por Galicia. Abertas á inscrición de membros da comunidade universitaria e persoas alleas a ela, as andainas propostas achegaranse ao río Barbantiño, á Ribeira Sacra, a Campo Lameiro e ao río Grañal.
08/10/2026