Coa obra ‘Soño dunha noite de verán’ dirixida por Casilda Alfaro e Sonia Rúa
Cheo no Vidal Bolaño para ver a Aula de Teatro do campus de Vigo
As representación volverán o 8 de maio coa actuación do alumnado da ESAD
Había moita expectativa por velas e velos e non defraudaron. O Teatro Roberto Vidal Bolaño quedou escaso este mércores para acoller ao numeroso público que se achegou ao campus para ver a actuación da Aula de Teatro do Campus de Vigo na XXVI edición da Miteu. Representaron a obra Soño dunha noite de verán baixo a dirección de Casilda Alfaro e Sonia Rúa e coa participación dun elenco composto por máis dunha ducia de actores e actrices que levaban meses preparándose para esta actuación.
A Miteu fai agora un pequeno parón e retornará o vindeiro mes de maio con dúas actuacións, os mércores 8 e 15. Os primeiros en intervir foron Trifásico Teatro, da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia, ESAD Galicia, que, nesta ocasión, representarán a obra Hámster, baixo a dirección artística de Natalia Feijoo e interpretada por Alba Lago e Álvaro Lourido. O mércores 15 pecharase esta XXVI edición da mostra coa representación de Desequilibrios, interpretada polo grupo Maricastaña da Aula de Teatro Universitario de Ourense.