Seis mulleres e seis homes integrarían o equipo de goberno que encabeza Pachi Reigosa á fronte da candidatura H2040 cara ás eleccións a reitor que se celebrarán o vindeiro 23 de abril. O campus de Vigo estaría representado con seis vicerreitoras e vicerreitores, Ourense con tres vicerreitores e vicerreitoras, ademais do secretario xeral e Pontevedra cunha vicerreitora e un vicerreitor. A Secretaría Xeral estaría ocupada, caso que H2040 acadase a vitoria nas eleccións do vindeiro 23 de abril, polo profesor titular da Área de Dereito Internacional Privado Miguel Ángel Michinel Álvarez. Pola súa banda, Jorge Genaro Soto Carballo, profesor contratado doutor do Departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa, ocuparía o cargo de vicerreitor do campus de Pontevedra e María Esther de Blas Varela profesora titular do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo na Facultade de Ciencias, sería a vicerreitora do campus de Ourense.
02/04/2018