Dos 51 millóns de persoas que se dedican á pesca no mundo, estímase que 50 delas traballan na pesca artesanal, un sector que achega, segundo a FAO, case a metade da produción pesqueira mundial. Non obstante, a maioría de estudos científicos centráronse na análise da pesca industrial, deixando á marxe a artesanal. Precisamente para tratar de achegar ferramentas adaptadas para o uso en pesqueiras artesanais o Centro de Investigación Mariñas da Universidade de Vigo leva tres anos participando en dous proxectos de investigación liderados polo CIMA-Consellería do Mar que estudan dous recursos pesqueiros da ría de Vigo: a navalla e o cogombro de mar.
31/07/2020