Publicacións en revistas de altísimo nivel como Nature; unha traxectoria cun alto grao de internacionalización e un enfoque multidisciplinar na súa liña de investigación, avalan a incorporación do científico italiano Gianluca Marino (Nápoles,1976) á Universidade de Vigo. A través do programa propio de captación de persoal investigador de excelencia, o científico napolitano, que na actualidade centra o seu labor nos ámbitos da paleoceanografía e a paleoclimatoloxía, chegará o vindeiro mes de abril á institución académica viguesa, cun contrato de investigador distinguido de cinco anos de duración e aínda que nun principio se incorporará ao Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio, a súa intención e dispor a curto-medio prazo dun grupo de investigación propio.
26/03/2018