O reitor da UVigo confirmou este mediodía que “estamos rematando as negociacións para ver de que xeito facemos esta adquisición, pero para nós é importantísimo ter estes edificios, que ademais están a un tiro de pedra do noso campus histórico, onde esta a Escola de Enxeñaría Industrial e a futura Facultade de Comercio”.
Este domingo celebrouse o día mundial da endometriose, unha doenza aínda moi descoñecida que afecta a arredor de 60.000 galegas e desde a Universidade de Vigo quixeron unirse á celebración desta efeméride cunha campaña divulgativa impulsada pola asociación querENDO, mulleres con endiometriose.
O posible traslado de titulacións, que na actualidade se imparten no campus de As Lagoas, ao centro da cidade de Vigo foi unhas das cuestións sobre as que este mediodía se pronunciou o reitor da Universidade de Vigo no transcurso da sesión ordinaria que este venres celebrou o Consello de Goberno.
Tal e como se anunciou este luns, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller, a maior parte das delegacións de alumnado das facultades e escolas dos tres campus dispoñen xa de compresas e tampóns para que todas as mulleres da comunidade universitaria que o precisen poidan acceder a elas de xeito gratuíto.
En novembro de 2020 Escocia convertíase no primeiro país do mundo en garantir por lei o acceso gratuíto a compresas e tampóns. Meses máis tarde, en febreiro deste ano, foi Nova Zelandia quen anunciaba que, a partir de xuño, proporcionará produtos de hixiene feminina gratis en todos os colexios do país.
Logo de catro anos nos que progresivamente foi mellorando a súa posición, a UVigo sitúase a día de hoxe, xunto á Universidad de Burgos, como a institución de educación superior máis transparente, segundo o Informe Dyntra.
Por segunda vez na súa historia –a primeira foi no 2009 con Edita de Lorenzo-, a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación volve ter unha directora á súa fronte, a profesora Rebeca P. Díaz Redondo, quen acadou o apoio maioritario da xunta de centro nas eleccións celebradas este mércores na EET.
Apenas unhas semanas despois de presentar o informe sobre o impacto laboral da primeira onda da pandemia de covid-19 nas persoas tituladas da Universidade de Vigo, o Observatorio de Persoas Egresadas pon xa en marcha o estudo sobre as consecuencias da segunda.
Cun mes de retraso sobre o previsto no calendario académico, as clases presenciais do segundo cuadrimestre arrancaron este luns nos tres campus. Así, o alumnado das titulacións con docencia nas aulas puido regresar ás súas facultades e escolas e retomar a docencia con normalidade tras tres semanas de clases en liña.
A UVigo afianza a súa aposta pola administración electrónica acadando a emisión de 3584 certificados e máis de 22.00 xustificantes dixitais nos últimos 14 meses e activando, esta mesma semana, dúas novas solicitudes, as correspondentes aos certificados de participación en proxectos e TFG/TFM/PCF para o PDI.
A Vicerreitoría do campus de Pontevedra e a Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE-Pontevedra) traballan conxuntamente no deseño de actividades que contribúan a difundir o potencial do emprendemento no eido da economía social nos ámbitos de coñecemento do Campus Crea.
Como anunciara o presidente da Xunta de Galicia a pasada semana, o alumnado universitario poderá someterse a unha proba de detección da covid-19 antes de retomar as clases presenciais o vindeiro luns 1 de marzo.
A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación celebrará eleccións a dirección o vindeiro mércores día 3 de marzo e farao entre as candidaturas encabezadas polos docentes do Departamento de Enxeñaría Telemática Rebeca Díaz Redondo e José Carlos López Ardao, que substituirán no cargo a Íñigo Cuiñas.
O vicerreitor do campus, Jorge Soto, e o presidente da Aula Castelao de Filosofía, Alexandre Cendón, asinaron este luns o acordo polo que a Universidade mantén un ano máis a súa colaboración coa Semana Galega de Filosofía.
Logo da publicación do Decreto 26/2021 do 15 de febreiro da Presidencia da Xunta que modifica o 8/2021 de 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, a Reitoría fixo pública unha resolución na que adecúa a actividade docente na UVigo ás novas restricións.