Co obxectivo de comprender as orixes e identificar as consecuencias da desigualdade e da exclusión social botou a andar en decembro de 2016 un proxecto do Plan Nacional de I+D+i no que participaron, como membros do equipo ou como colaboradores externos, catro investigadoras e investigadores da Universidade de Vigo. Coral del Río, Olga Alonso, Carlos Gradín e Amaia Palencia, do grupo Ecosot, xunto con especialistas doutras universidades, coordinaron un subproxecto centrado nas desigualdades económicas no mercado de traballo, analizando e cuantificando a segregación ocupacional.
21/02/2020