A súa fabricación integramente mediante impresión 3D en metal e polímero; a súa compatibilidade parcial co estándar cubesat, coa intención de que poda ser inxectado en órbita utilizando o mesmo dispositivo que se emprega no caso dos cubesats, e un deseño que implica a extrema miniaturización de compoñentes mecánicos e electrónicos, fan do FemtoXat un satélite único no mundo. No ano 2011 comezaba a tomar corpo o que será o terceiro satélite que a Universidade de Vigo enviará ao espazo, algo que está previsto que ocorra nunha órbita LEO de aproximadamente 600 quilómetros de altura, na segunda metade de 2015. “Nin en España, nin no mundo existe outro satélite como FemtoXat”, explica José Antonio Vilán, investigador principal do proxecto, coordinado por Fernando Aguado, responsable do agrupamento Aeroespacial da Universidade.
10/10/2014