O profesor da Escola de Enxeñaría Industrial Alfonso Lago (Lalín, 1962) vén de ser reelixido para formar parte da directiva da Sección Española do Institute of Electrical and Electronics Engineers, IEEE, unha asociación técnico profesional internacional, sen ánimo de lucro, con máis de 400.000 membros e voluntarios en 160 países, na que se reúnen científicos e profesionais da tecnoloxía, entre outros, enxeñeiras e enxeñeiros eléctricos, en electrónica, en informática e en telecomunicacións. “Para min supón unha enorme satisfacción que, por segunda vez, confiaran na miña persoa para formar parte da directiva”, subliñou Lago.
21/03/2014