Emocionante, de gran interese e decisivo ha ser o encontro que acollerá o Pavillón Universitario do campus vigués. O domingo, a partir das 18.00 horas, disputarase o atractivo choque entre o Universidade de Vigo de baloncesto e ao actual líder, o C. B. Noia.
A fin de semana tamén se presenta intensa para os diferentes equipos de rugby. Despois dun receso na liga, o Universidade Ednon TRC volve á competición para enfrontarse, en Avilés, ao recén ascendido Belenos R. C.
Pola súa parte, o conxunto de xadrez da División de Honra non poderá disputar a terceira xornada da Liga Galega debido ao sorprendente abandono do seu rival, a Casa da Xuventude de Ourense.
23/01/2009