“A verdade é que foi mellor do esperado”, recoñece Carlos Paredes, monitor da sala de cardio-fitness do Pavillón Universitario, do Crossfit Solidario, que a Área de Benestar, Deporte e Saúde da Universidade e a Vicerreitoría do campus organizaron xunto con Crossfit Turoqua e que reuniu este xoves a medio cento de competidores e competidoras. Por unha banda, as expectativas superáronse polo propio nivel da competición, “xa que foron case seis horas de campionato e o nivel da proba foi moi alto”, pero, principalmente, porque o obxectivo principal, reunir alimentos, roupa e xoguetes para aqueles e aquelas que máis os precisen, tamén se cumpriu con creces.
09/12/2016