Por segundo ano consecutivo, a asociación ecoloxista Amigos da Terra escolleu este martes o campus de Ourense para celebrar a xornada de peche da súa iniciativa de promoción do Servizo Voluntario Europeo, realizada ao abeiro do Programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Nela, organizacións e persoas interesadas neste tema puideron, ademais de recibir toda a información precisa del, coñecer de primeira man testemuños de persoas que foron ou son voluntarios europeos. “Este servizo é o gran descoñecido para a xente”, destacou Patricia Iglesias, responsable de Voluntariado de Amigos da Terra.
10/10/2017