DocsBarcelona del Mes é un ciclo de cinema documental que estrea cada mes un documental nunha rede de máis de 90 salas de España e América Latina, nas que se sumaron en 2017 máis de 50.000 espectadores. Unha rede á que neste 2018 se incorpora Pontevedra da man da Vicerreitoría do campus que, coa colaboración do Concello, pon en marcha na cidade un ciclo de dez proxeccións, que arrincan os días 12 e 19 de febreiro coa proxección, no Teatro Principal, dos filmes Amazona, de Clare Weisikopt, e Machines, do cineasta hindú Rahul Jain. Xa o 19 de marzo, exhibirase na cidade Gracias por la lluvia, da noruguesa Julia Dahr, e as proxeccións, con entrada libre, continuarán desenvolvéndose o terceiro luns de cada mes ás 20.30 horas, coa excepción de xullo e agosto.
07/02/2018