Na rede de relacións da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense está desde hai varios anos Benposta Nación de Muchachos en Colombia, froito do proxecto fundado polo Padre Silva en Ourense.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu este xoves a xornada Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente.
A Facultade de Historia do campus de Ourense organizou este xoves a xornada Mulleres no tempo. A cita contou con tres conferencias. O centro ten previsto celebrar unha segunda sesión destas xornadas o 31 de outubro xa do vindeiro curso académico.
Os días 26, 27, 28 de abril O Carballiño (Ourense) acollerá a celebración do XXXV Encontro Galego-Portugués de Educadoras/es pola Paz. A cita volverá a reunir a un amplo colectivo da comunidade educativa dos dous países.
A violencia sexual e xénero centra un ciclo de conferencias que terá lugar os días 18 e 30 de abril e o 2 de maio na Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense. En total serán cinco as intervencións que se levará a cabo.
Case unha vintena de estudantes de terceiro curso de Educación Secundaria Obrigatoria do Colexio Santo Ángel (Calasancias) de Ourense expuxeron este luns na Facultade de Historia do campus os traballos que realizaron no marco do proxecto Conecta sobre o mundo clásico.
Cada ano a Facultade de Dereito do campus de Ourense organiza un Curso de Actualización Xurídica centrado en temas de carácter transversal e/ou de actualidade en diferentes áreas do dereito.
A Facultade de Relacións Internacionais do campus de Ourense celebra este mes de abril o curso China: cultura e sociedade. Será os días 12, 13, 19 e 20 de abril.
Coincidindo coa celebración este mes do Día Mundial da Saúde, a Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense celebrou este mércores a xornada Máis de 40 anos: pasado, presente e futuro do VIH. Comunidades diversas para acabar co estigma social.
A alumna da Universidade de Vigo Andrea Montes conseguiu esta fin de semana a medalla de prata no Campionato de España Universitario de Halterofilia, celebrado en Los Alcázares (Murcia).
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acollerá este xoves pola tarde, 11 de abril, a celebración das I Xornadas de promoción do ensino rural.
Desde este luns, a Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle cada tarde a celebración das I Xornadas de Traballo Social Eco-Social. Nelas abórdase e reivindícase, desde o académico e o profesional, desde a teoría e a práctica, o papel desta disciplina.
A programación 2024 das rutas culturais da Universidade de Vigo, organizadas pola Área de Benestar, Saúde e Deporte, continúa o sábado 16 de marzo coa Ruta Cultura da Auga. Muíños do Folón e do Picón (O Rosal)-A Guarda.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acollerá do 18 ao 20 de marzo a celebración das I Xornadas de Traballo Social Eco-Social. A cita terá lugar coincidindo coa conmemoración o 19 de marzo do Día Mundial do Traballo Social.
A fin de semana, do 1 ao 3 de marzo, en Nancy, Francia, celebrouse o 2024 European Classic Powerlifting University Cup, o Campionato Europeo Universitario de Powerlifting, onde alumnado da UVigo acadou bos resultados.