“Non me interesaba contar o que xa estaba escrito na prensa, non quería documentar a historia senón as vivencias”, afirma a profesora Anna Amorós, directora do documental Retratos dun campus. 40 anos de Universidade en Ourense. Este filme, estreado o 22 de xaneiro no acto de conmemoración das catro décadas de historia do campus ourensán, reúne o testemuño das persoas que viviron os primeiros días do Colexio Universitario de Ourense, no curso 1973/1974, como profesorado ou alumnado. Faino ademais co obxectivo de tratar de dar resposta á pregunta de “como o campus marcou as súas vidas académicas, pero tamén as súas vidas persoais e sentimentais”, explica a docente da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, que engade que nos próximos días, este traballo poderase ver a través de UVigo TV.
17/02/2014