Na actualidade, as tecnoloxías da información e da comunicación, as chamadas TIC, constitúen unha parte integral da vida cotiá das persoas. Os rapaces e rapazas xa son nativos dixitais, naceron e medraron nunha sociedade no que o uso dos aparellos electrónicos, como o computador e o móbil, é natural. Esta realidade supón un reto para o ensino, que ten a obriga de dar resposta desde a pedagoxía a unha nova forma de relacionarse co coñecemento e de aprender. Consciente desta realidade, a docente Maria João Valente da Silva Couto afondou na súa tese de doutoramento no uso das TIC para o ensino das matemáticas.
16/06/2015