Cultivar lagosta en catividade, este é o gran reto co que está a traballar un grupo de investigadores da Estación das Ciencias Mariñas de Toralla, Ecimat. Levan anos intentándoo e acadalo suporía un enorme avance, non só a nivel económico, posibilitando o seu cultivo en acuicultura, senón tamén en termos de biodiversidade, facilitando a repoboación en todos aqueles lugares, moitos reservas biolóxicas, nos que a sobreexplotación esquilmou esta prezada especie, todo un manxar irresistible aos padais máis esixentes. “O noso obxectivo é optimizar o cultivo larval desta especie e, para iso, entre outros aspectos importantes para o cultivo dunhas criaturas tan delicadas, precisamos determinar a dieta máis adecuada para esta etapa”, subliña Enrique Poza, responsable da Unidade de Medio Mariño da Ecimat, que fai fincapé en que o desafío é conseguir incrementar a supervivencia das larvas.
15/07/2015